Novo impulso á compostaxe en Vilaboa para situarse á vangarda europea en xestión de residuos
Por Diego Espiño
Deputación de Pontevedra, Concello de Vilaboa e a asociación Amigos da Terra rubricaron este mércores o convenio que supón un novo impulso á compostaxe no municipio ao abeiro do Plan Revitaliza da institución provincial.
Grazas a este acordo Vilaboa "será o concello europeo máis adiantado na xestión de residuos orgánicos", aventurou o vicepresidente da Deputación, César Mosquera.
O obxectivo pasa por sumar nos próximos meses ata 1.500 novos composteiros individuais, que será repartidos aos veciños, aos recipientes comunitarios xa existentes, e que permitirán non só implantar un novo modelo de xestión de residuos máis respectuosa co medio ambiente senón reducir a factura que o Concello debe abonar anualmente a Sogama.
"Nós na xestión de residuos temos un déficit de case 300.000 euros anuais", recoñeceu o alcalde, José Luís Poceiro.
O convenio contempla ademais unha achega económica que pode chegar aos 80.800 euros nos dous próximos anos e o asesoramento personalizado a cargo de profesionais para as persoas que reciban os composteiros individuais e os instalen nos seus domicilios.
Xunto a Vilaboa está previsto que durante 2018 cambien significativamente os seus modelos de xestión de residuos orgánicos As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove e Pontevedra, explicou Mosquera tras a firma do acordo.
BALANCE DO PLAN REVITALIZA
O vicepresidente provincial mostrouse satisfeito pola marcha que leva o plan de implantación da compostaxe sinalando que "estamos por riba das posibilidades de persoal que tempos actualmente", en relación aos 35 técnicos especializados (18 deles funcionarios) que se formaron especificamente na materia.
Isto sucede porque 29 municipios adheríronse a esta iniciativa, instalándose xa en 22 deles composteiros comunitarios. Con todo o obxectivo é que estes concellos poidan entrar máis pronto que tarde na segunda fase do plan, na que se situou Vilaboa co acto celebrado este 27 de decembro.
Relacionadas:
-
Vilaboa prestará biotrituradoras aos veciños para tratar os restos de podas
Por Redacción |
-
A veciñanza do Toural recolle este xoves os seus composteiros
Por Redacción |
-
Un convenio para involucrar a todos os colexios e institutos da provincia na compostaxe
Por Diego Espiño |
-
Arranca a terceira edición da "facultade da compostaxe" para seleccionar 25 novos mestres composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas empresas catalanas, dúas madrileñas e unha navarra optan a subministrar os composteiros da Deputación
Por Redacción |
-
Os "amigos do estructurante" piden un aplauso para Mosquera
Por Oskar Viéitez |
-
Que fai unha mestra metida nun composteiro? Velaquí a resposta
Por Noticia patrocinada |
-
A Deputación acorda con Amigos da Terra o control dos composteiros individuais de Vilaboa
Por Redacción |
-
Empeza a conta atrás para que os concellos se adhiran ao Plan Revitaliza
Por Redacción |