Se che tocou o Gordo podes mercar un pazo en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Se vostede é unha das persoas agraciadas cun décimo do Gordo da lotería posiblemente estea a pensar en que gastar todo eses cartos que lle tocaron. Poida que entón lle interese saber que na cidade de Pontevedra pode darse o capricho de mercarse o emblemático pazo dos condes de Bugallal.
Este pazo datado no ano 1620 está construído en pedra de granito e consta de dúas plantas máis unha torre almenada. Ocupa un superficie duns 675 metros cadrados repartidos entre unha ducia de dormitorios, seis baños, comedor, sala de estar, salón, despacho, biblioteca, oficina, cociña, lagar e adega.
Inclúe unha casa auxiliar, hórreo, capela, almacén e garaxe externo. Toda a propiedade ten unha superficie de 15.000 metros cadrados.
Tamén están en venda outros dous pazos en San Xoán de Poio e o pazo da Buzaca, en Moraña. Ou se o prefire pode adquirir a antiga residencia de monxas en Cotobade, do século XVIII.
A inmobiliarias de xestión patrimonial Lançois Doval e www.aldeasabandonadas.com non facilitan directamente os prezos de venda, lembre que lle acaba de tocar o Gordo polo que falar de diñeiro é tan… vulgar.
Relacionadas:
-
Un veciño do Vao doa aos Servizos Sociais de Poio parte do seu premio da Lotería de Nadal
Por Redacción |
-
Carlos Tourón, premiado e vendedor do segundo premio: "¿Quién nos lo iba a decir a nosotros? Con un número de Santander. Es la leche"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O 51244, segundo premio da Lotería de Navidad, cae no Grove
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada