O alcol ou as drogas están detrás da metade dos delitos ao volante na provincia
Por Oskar Viéitez
O consumo de drogas e alcol por parte dos condutores está detrás dun de cada dous delitos ao volante. Así o recolle o capítulo de seguridade viaria na memoria da Fiscalía de Pontevedra do 2016.
A Dirección Xeral de Tráfico complementa este dato sinalando que o progresivo incremento anual das sancións en Pontevedra a condutores por positivo en alcol ou drogas. O ano pasado esta cifra alcanzou o seu récord con 5.682 sancións e de xaneiro a xullo deste ano interpuxéronse 2.122 multas.
En España, case un 15% de condutores conducen tras consumir algunha substancia que poida afectar á capacidade para unha condución segura. O cannabis e a cocaína son as dúas substancias achadas con máis frecuencia.
A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 veces o risco de sufrir un accidente, ademais de ser un factor agravante das súas consecuencias.
Con todo, o exceso de velocidade segue encabezando a lista das infraccións máis comúns nas estradas en toda Galicia.