Laureano Oubiña reclama 150.000 euros a Carmen Avendaño por unhas supostas inxurias
Por Redacción
Despois de ser aprazada o pasado 5 de decembro debido a unha baixa médica da xuíza de Vilagarcía sinalouse para o próximo día 16 de xaneiro a vista contra a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, denunciada por unhas supostas inxurias polo cambadés condenado por narcotráfico Laureano Oubiña.
Avendaño non está obrigada a asistir ese día ao xulgado, xa que se trata dunha vista previa, pero xa anunciou que o fará esperando que el tamén dea a cara.
O antigo capo arousán reclama á activista antidroga unha indemnización de 150.000 euros por dicir o pasado mes de marzo nun programa de televisión que Laureano Oubiña tiña comerciado con outras drogas diferentes do haxix, unha acusación "infame, perversa e maligna", segundo sostén a denuncia.
Oubiña saíu do cárcere o pasado mes de febreiro despois de que lle concedesen o terceiro grao penal e fose admitido para traballar nunha ONG de Madrid. Actualmente goza da liberdade condicional. En setembro de 2019 licenciarase a súa última condena por branqueo de diñeiro.
Relacionadas:
-
Laureano Oubiña asegura ao xuíz que Carmen Avendaño vulnerou a súa honra
Por Oskar Viéitez |
-
Laureano Oubiña, detido e posto en liberdade pouco despois en Vilagarcía
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A "nai coraxe" dá a cara, o narcotraficante non
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Plan Nacional sobre Drogas poxa propiedades de Oubiña e Pelopincho
Por Oskar Viéitez |
-
Laureano Oubiña: "Si muere mi hijo por culpa de la heroína, machaco al que se la vendió"
Por Oskar Viéitez |