"Vermúsicos solidarios" na Praza de Méndez Núñez
Por Diego Torrado
A praza de Méndez Núñez acolleu na asollada mañá deste domingo un concerto solidario organizado por hostaleiros da zona: La Gramola e La Botica, coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e en beneficio da RedeAxuda.
Varios grupos locais ofreceron o mellor do seu repertorio co obxectivo de recadar fondos e alimentos de primeira necesidade, fundamentalmente leite.
Redeaxuda é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Benestar Social Municipal que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.
Forman parte da rede: Cáritas, Comedor de San Francisco, Calor y Café, Proxecto Home, Asociación Rexurdir e Fundación Meniños, entre outras.