Marea Pontevedra solicita aumentar os prazos para pagar o IBI e a bonificación ás familias numerosas
Por Oskar Viéitez
Marea Pontevedra defenderá que o Concello de Pontevedra amplíe o sistema especial de pagamento do IBI urbano e á bonificación de familias numerosas.
O colectivo cidadá encabezado por Luís Rei insta ao goberno local a promover a modificación da ordenanza para que o fraccionamento da débeda pase de 2 a 5 prazos.
Por outra banda, e co obxecto de axudar ás familias numerosas, pedirá que se eleve a 45.000 euros o valor catastral do inmoble de uso residencial no que estean empadroados os membros da unidade familiar para a bonificación da cota íntegra do IBI.
A día de hoxe esa bonificación queda no 10 por cento para as familias numerosas de categoría xeral e chega ao 30 por cento para as familias numerosas de categoría especial. Marea Pontevedra pedirá tamén que se eleve a bonificación para os titulares de familia numerosa de categoría xeral e especial, sen facer, distincións, ao 50 por cento.
Segundo os datos ofrecidos por Marea, a previsión de ingresos do Concello de Pontevedra para o ano 2018 con cargo ao IBI urbano ascende a 18.464.562 euros, polo que é unha das súas principais fontes de financiamento. A súa recadación está regulada en dúas normas municipais: a ordenanza 27 xeral de xestión, recadación e inspección e a ordenanza 22 reguladora do imposto sobre bens inmobles.
Relacionadas:
-
Marea, PSOE e Cidadáns presentan unha moción conxunta para modificar o pagamento do IBI
Por Diego Espiño |
-
Toda a corporación municipal urxe o soterramento do transformador en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Defensa rexeita ceder a súa subdelegación en Pontevedra para escola infantil
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra aproba sen sobresaltos un orzamento de 75 millóns para 2018
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |