Papa Noel chega cun tren de borrascas
Por Redacción
Choiva abundante, ese é o agasallo de Nadal que trae este ano Papa Noel.
Os metereólogos esperan entre 25 e o 30 de decembro un tren de borrascas que percorrerá o Atlántico desde o oeste cara ao leste.
Así o día de Nadal está chamado a poñer fin á seca. Ata tres frontes de choiva chegarán a partir deste domingo.
Para Noiteboa as altas presións comezarán a retirarse cara ao Mediterráneo, quedando Galicia cun réxime de ventos do sur. Con esta situación, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con néboas localmente persistentes. Pola tarde irase dando un aumento das nubes desde o oeste, onde mesmo pola noite poderían deixar algunha chuvia ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios significativos.
A primeira fronte moi activa, asociada a unha borrasca centrada sobre Escocia atravesará Galicia o día de Nadal, deixando un progresivo aumento de nubes e precipitacións que serán máis intensas e xeneralizadas pola tarde. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán pola mañá fortes do sudoeste no litoral e nas zonas altas e moderados no resto; pola tarde irán rolando a noroeste progresivamente.