Os hospitais públicos de Pontevedra felicitarán as festas coa tarxeta 'Os soños sempre perduran'
Por Redacción
Profesionais de diferentes categorías que integraban o xurado do primeiro concurso de Cartóns de Nadal, convocado pola Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (EOXI) decidiron conceder o primeiro premio a Noelia Justo Tomé e a Mateo Refojo Justo, de 7 anos de idade, polo cartón titulado 'Os soños sempre perduran'.
Este cartón será agora utilizado como felicitación institucional dos centros sanitarios de Pontevedra e O Salnés para estas festas do Nadal. O premio foi entregado polo xerente José Ramón Gómez.
O primeiro accésit ao premio foi concedido a María Soledad Dorado, traballadora do servizo de Urxencias do Hospital Provincial e o segundo accésit a Vanesa Grandal, profesional do centro de saúde de Soutelo de Montes.
Todos os galardoados recibiron un diploma, a súa tarxeta impresa en cartón pluma e unha cesta de produtos de Nadal doada por Supermercados Froiz.