O grupo criminal desmantelado en Cotobade chegou a asaltar catro bares nunha noite
Por Natalia Puga
O grupo criminal desmantelado a principios de outubro a raíz dun roubo en Mullereiro (Cotobade) chegou a roubar en catro establecementos de hostalaría de distintos concellos de Pontevedra nunha soa noite.
O grupo dedicábase á comisión de roubos en establecementos de hostalaría das provincias de Pontevedra, Ourense e Burgos e a Garda Civil atribúelle ata 61 incidentes en tres meses.
As fontes xudiciais consultadas confirmaron que houbo tres noites nas que foron especialmente produtivos, entre o 27 e o 29 de setembro, cando se desprazaron por toda a provincia de Pontevedra e roubaron en establecimietos de Mos, Ponteareas e Arbo tan só na noite do día 27.
Os cinco ingresaron en prisión sen fianza por alto risco de fuga
A Fiscalía solicitou ao Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, que no momento da detención estaba en funcións de garda, o ingreso en prisión dos cinco detidos ao entender que existía un alto "risco de fuga" de todos eles, de nacionalidade romanesa e con escaso arraigamento en Barcelona, onde tiñan fixada a súa residencia.
O xuíz deu a razón ao fiscal e os cinco (A.L., de 39 anos; C.D., 26; C.F.I., 29; F.P.,19; e T.D., 32) permanecen no centro peniteniario da Lama acusados dos delitos de roubo continuado e pertenza a organización criminal. Están en prisión provisional sen fianza.
Segundo as mesmas fontes xudiciais, os acusados cometeron todos os roubos desprazándose nun Opel Corsa de cor branca a nome da nai dun deles, ao que os investigadores non logrou situar en todos os asaltos, pero si en boa parte deles.
Cando os investigadores e o fiscal lles preguntaron que facían en Pontevedra a pesar de vivir en Barcelona e non ter ningunha vinculacion con este provincia, deron argumentos contraditorios. Entre eles gañaría o de que estaban buscado un traballo na vendima que naqueles días se estaba realizado en diversas adegas da zona.