Sons de Nadal da banda de música de Sanxenxo
Por Redacción
A banda de música de Sanxenxo ten organizado para este sábado un concerto dedicado a todas aquelas persoas que, pasando una tarde moi divertida, queiran aprender un pouco máis sobre os instrumentos musicais. Será un entretido percorrido, protagonizado por todos os instrumentos que conforman a Banda de Sanxenxo. Unha combinación de humor, entretemento e aprendizaxe.
O concerto terá lugar ás 17.30 horas no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
OUTRAS CITAS DE NADAL
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e membros do goberno estiveron en Gondar, para acompañar aos veciños na celebración da festa na honra de Santo Tomé.
O venres terá lugar unha sesión de contos de Nadal para os nenos de educación infantil na Biblioteca de Portonovo, dende as 16.30 hasta as 18.00 horas.
O sábado, ademais do concerto da banda, a asociación española contra el cáncer regalará sorrisos con Papa Noel ás 11.00 horas na praza de abastos de Portonovo e no parque do Espiñeiro. Ás 12.15 horas visitarán a praza de abastos de Sanxenxo, a rúa Madrid e a Praza de Pascual Veiga. Ás 17.30 horas estarán en Vilalonga, na Praza Pública. E, por último, ás 19.00 horas na Adega Eidos, farán un showroom solidario.
A asociación folclórica Abiñadoira, organiza, tamén para o día 23, unha xornada de cantos de música galega polas rúas da vila de Sanxenxo con "Abiñadoira vai de xaneiras".
O sábado remata en Portonovo, co festival de Panxoliñas, ás 19.00 horas Será no Edificio de Usos Múltiples e está organizado pola Coral Polifónica Santa María Adina de Portonovo.