O PP denuncia que o Concello de Ponte Caldelas incumpriu a regra de gasto
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Ponte Caldelas denuncia que o goberno local leva ao vindeiro pleno extraordinario, convocado para o xoves 21 para aprobar os presupostos de 2018, un plan económico financeiro xa que o Concello incumpriu a regra de gasto no ano 2016, "o primeiro ano completo de Andrés Díaz como alcalde".
Os populares afirman que o Ministerio de Facenda obriga ao Concello de Ponte Caldelas á redacción de dito plan pola "mala xestión económica" do goberno local que ao seu xuízo "comeza a ser cada vez máis evidente".
Neste senso sinalan que a principios de 2017 o Concello tivo que pagar cerca de 120.000 euros de facturas impagadas do ano 2016 e neste mes de decembro o Concello tivo que solicitar un crédito de 150.000 euros á Deputación "para poder acabar o ano".
"Dende o Partido Popular moito tememos que a principios de 2018 van aflorar moitas facturas deste 2017 que non se abonaron no seu debido tempo", vaticinan.