RADIO.- La transición xa ten un patrón para os millennials!
Por Marisa Ciordia
Unha vez declarada Pontevedra como cidade do millennial, La transición no seu segundo programa segue dando pasos na súa aplicación e fixa ao seu patriarca nestas datas do Nadal.
O guionista e condutor deste programa de PontevedraViva Radio, Óscar Cruz, declara o 28 de decembro, Día dos Inocentes, como patrón millennial.
Rubén Lino de Poetarras é o invitado para este especial da Transición e trae un agasallo exclusivo para a ocasión. Jorge Boquete regresa como millennial do Nadal e tampouco falta "l'entrepeneur" de Javi Lopa. O cómico de oficio é.... Federico Pérez ("Era visto!" da TVG ou "Tiempos de guerra" de A3). E! e non hai un sen dous; os críticos tamén se coan nesta Transición.