Sobral espera licitar o proxecto de humanización da Caeira no primero trimestre do 2018
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, reiterou a aposta do goberno local pola humanización das rúas Pernas Peña e Mato Calderón que leva aparellada a supresión dun carril de circulación para poder ampliar as beirarrúas.
Sobral espera poder licitar o proxecto no primeiro trimestre do 2018.
O alcalde de Poio asegurou que a reforma é necesaria xa que moitos dos servizos da Caeira son de finais dos anos 60 e que polo tanto están moi deteriorados. En canto aos cambios en superficie o goberno reflexionará sobre este proxecto para elixir a mellor opción.
Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular recorda que o seu apoio ao proxecto do bipartito estaba supeditado ao acordo cos residentes e aseguran que despois de dúas asambleas, e cunha plataforma e máis de 1.600 firmas en contra, "é evidente que non se cumpre esa condición".
Recordan que a "moi necesaria" humanización da Caeira "non pode ser moeda de cambio" dos intereses do goberno local e esixen ao alcalde que "non chantaxee aos veciños".
A Plataforma de Afectados insiste en "humanizar e conservar o dobre sentido e así non empeorar os insoportables atascos".
Sergio Pereira, como portavoz da plataforma, insiste na ampliación das dúas beirarrúas a 0,90 metros, eliminando obstáculos e desniveis e mantendo os dous carrís de circulación de subida e de baixada.
Outra das ideas sería a construción dunha beirarrúa única cun ancho de entre 1,50 e 1,80 metros, mantendo os dous carrís de circulación e no outro lado da calzada construír bordo con iluminación no chan. "Esta última idea xurdiu por mor de varias intervencións de persoas afectadas que asistiron á reunión do pasado venres", explica Pereira.
Relacionadas:
-
O goberno local de Poio renuncia ao carril único na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma de Veciños de San Salvador de Poio suma 1.600 apoios contra o carril único da Caeira
Por Redacción |
-
A Plataforma de San Salvador solicita a Poio a instalación de medidores de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra é o cuarto municipio galego onde máis vivendas se construiron no último ano
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños entregan 1.034 firmas contra o cambio de tráfico proxectado na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de San Salvador ameazan con manifestarse se o Concello decide pechar un carril na Caeira
Por Redacción |