O PP defenderá na Deputación o mantemento da Unidade de Primeira Acollida no Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial da Deputación de Pontevedra levará ao vindeiro pleno deste organismo unha moción de apoio aos traballadores do Centro Infantil Príncipe Felipe que solicitan o mantemento da Unidade de Primeira Acollida (UPA) e que se retomen as negociacións do convenio colaborador coa Xunta de Galicia para garantir a continuidade deste servizo.
Os populares fanse eco así do escrito presentado polos traballadores a todos os grupos políticos da Deputación.
Neste sentido, o voceiro popular na Deputación, Ángel Moldes, asegura con referencia á recollida de sinaturas feitas polos traballadores do Príncipe Felipe en apoio á UPA "ponse de manifesto, unha vez máis, que a deputada delegada, Eva Vilaverde minte descaradamente cando afirma que os profesionais deste centro educativo estaban de acordo co seu peche e que os pasos dados pola Deputación ían nesa dirección por vontade dos profesionais do centro".
Moldes denunciou a existencia "dunha clara folla de ruta de baleirado pola vía do derrubo das políticas sociais" desta institución.
Na moción presentada polo PP ínstase ao goberno bipartito a retomar as negociacións coa Xunta de Galicia. O PP aposta pola "apertura sen condicións e sin prexuizos previos dunha liña estable de diálogo coa administración autonómica para manter o servizo de Primeira Acollida nas condicións que vén prestando na actualidade", concluiu Ángel Moldes.
Relacionadas:
-
Traballadores do Príncipe Felipe reclaman a continuidade do Centro de Primeira Acollida
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras pide unha reestruturación do Príncipe Felipe para acoller a máis menores
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta pecha a Unidade de Primeira Acollida da cidade infantil Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |