Dous veciños que pediron ser testemuña protexida, proba clave nun xuízo por incendio
Por Natalia Puga
Dous veciños do Concello de Covelo convertéronse este martes na proba crave nun xuízo contra un home acusado de provocar tres incendios nocturnos en agosto de 2016 que se aproximaron perigosamente ata as casas dunha aldea e queimaron un parque infantil.
O acusado, José Luis C.O. e veciño do mesmo pobo, sentou este martes no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra. Durante o xuízo, el proclamou a súa inocencia, pero a fiscal do caso, Carmen Novo, sostén que hai probas suficientes para acusarlle e consideralo autor dos lumes.
O incendio produciuse o 9 de agosto de 2016 sobre as 22.00 horas e os dous considerados testemuña protexida aseguran que viron o acusado subir por un camiño desde o incendio ata o pobo. Xa esa mesma noite sinalárono ante os axentes da Policía Autonómica que acudiron ao lugar e este martes reiteraron as súas sospeitas ante o tribunal da Sección Cuarta.
Os homes pediron ser considerados como testemuña protexida e que a súa identidade non saíse á luz. Un deles, a testemuña A, explicóque pediu esa intimidade porque tiña "miedo a posibles represalias", pois "no sé cómo se va a tomar esa persona que lo haya acusado". A testemuña B asegurou que tiña medo pola súa integridade se se sabía que era el quen acusaba.
Ambos declararon detrás dun biombo para garantir a súa intimidade e explicaron que esa noite achegáronse ao lugar do incendio e viron como o agora acusado subía polo camiño que supoñía o principal acceso á zona do lume. O procesado "no solía ir por ese camino" e "no tení sentido que fuese", pois era de noite e el non tiña animais nin propiedades contra el. De todos os xeitos, a preguntas do avogado do procesado, recoñeceu que "non" teñen a certeza absoluta de que o autor do lume fose José Luis.
Baseándose nestas declaracións, e tras ter constancia de que o lume fora provocado, os axentes da Policía Autonómica consideráronlle o principal sospeitoso. O resultado das investigacións foi a súa detención e finalmente acabou sentado no banco dos acusados.
O acusado negou de forma tallante a súa implicación no incendio e explicou que ese día estaba na casa e viu lume nunha zona na que tiña unha leira herdada da súa nai, de modo que se achegou. Ao chegar non había ninguén e el non puido avisar aos servizos de extinción porque non tiña teléfono. Tampouco apagou o lume porque ten unha problema de saúde nas costas, de modo que se foi a casa. Cando chegou, viu que xa había medios de extinción que se dirixían ao lugar, de modo que xa non alertou tampouco a ninguén.
Os axentes da Policía Autonómica e os axentes forestais que investigaron o sucedido insistiron en que o lume foi intencionado. Baséanse en que se iniciou en hora nocturna, con tres focos distintos e nun momento no que as condicións climatolóxicas eran especialmente adversas, con ventos de ata 100 quilómetros por hora, humidade moi elevada e altas temperaturas.
A Fiscalía pide que sexa condenado a catro anos de prisión como autor dun delito de incendio forestal e que se lle impoñan 20 meses de multa a 10 euros diarios e o pago á Xunta de Galicia dos gatos que xerou a extinción dle lume, 7.561,38 euros. A defensa pide a súa libre absolución.
O escrito de acusación que a fiscal considerou probado tras o xuízo deste martes mantén que o acusado prendeu tres focos de lume en distintos puntos da súa aldea de Covelo. Un queimou 0,11 hectáreas de terreo agrícola e outras 2,04 hectáreas de terreo agrícola e forestal, mentres o terceiro foco non chegou a propagarse, queimando tan só uns 100 metros cadrados de matogueira.
O incendio produciuse en zona moi próxima á aldea, chegando a uns 50 metros de distancia dunha vivenda e afectou tamén a un parque infantil, queimando a vexetación de parte do chan do mesmo. Ademais, un deles reproduciuse ao día seguinte.