Os pastorciños das Doroteas e o seu burrito sabanero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Durante todo este luns foi imposible deixar de canturrear a pegadiza panxoliña do "burrito sabanero". Os culpables foron os alumnos de Infantil do colexio Doroteas que levaron este luns as súas panxoliñas aos representantes das dúas principais institucións da cidade, o Concello de Pontevedra e a Deputación.
"Si me ven, si me ven voy camino de Belén", repetían unha e outra vez.
Na clásica cita destes pastorciños de 3 a 6 anos participan profesoras e numerosos pais que parecían máis ilusionados que os propios críos e que cantaban con ansia o do "lucerito mañanero ilumina mi sendero".
A súa primeira parada foi no Pazo Provincial onde a presidenta Carmela Silva escoitou os seus desexos do Nadal e tamén o "Tuqui tuqui tuqui tuqui, tuqui tuqui tuquitá".
Logo foron ata o Teatro Principal, pero non estaba o alcalde de Pontevedra, polo menos non á hora á que estaban citados os nenos así que cando entraba Miguel Anxo Fernández Lores os nenos xa estaban sentados cantando: "apurate mi burrito que ya vamos a llegar".