Tras a polémica, A Ferrería renova o alumeado de Nadal
Por Redacción
A queixa oficial realizada polo Concello de Pontevedra á empresa responsable da iluminación da cidade durante este Nadal tivo efecto. Tras a polémica, na que moitos veciños e políticos manifestaron o seu malestar pola iluminación deste ano, este luns estreouse un novo deseño.
O eixo da polémica foi a árbore de Nadal instalado na praza da Ferrería, do que se criticou tanto o deseño como a escaseza de iluminación. Desde este luns, a árbore ten unha nova imaxe, co mesmo deseño, pero máis iluminación.
A concelleira Anabel Gulías recoñecera, en nome do goberno local, que a iluminación "non cumpre as expectativas do Concello" e que as críticas eran, en realidade unha "queixa xenérica" na que notaron "certas deficiencias". Sobre a árbore colocada na praza da Ferrería indicara que o obxectivo era "substituir ou completar". Finalmente, completouse.
A iluminación estreouse o 1 de decembro na Ferrería e durante os días seguintes foi inaugurándose no resto de rúas e prazas, algunha instalada directamente polo Concello e outra polas asociacións Aempe e CCU Zona Monumental e polos comerciantes das distintas zonas.
A iluminación de Nadal, a base de luces LED de baixo consumo e última xeración, estará acendido ata o próximo 7 de xaneiro en horario de 18.00 a 01.00 horas excepto os días 24 e 31 de decembro, que estará acendida ata a madrugada.
O Concello de Pontevedra destina anualmente algo máis de 80.000 euros para iluminar a cidade nun contrato único que cobre as festas de verán, o entroido e o Nadal.
Relacionadas:
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa que iluminou o Nadal pontevedrés pagará unha sanción de 626 euros ao Concello
Por Redacción |
-
Os populares denuncian a "desastrosa imaxe" amosada con relación ao alumeado do Nadal
Por Redacción |
-
Crece o "descontento" do Concello coa empresa da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO.- O Concello de Pontevedra felicita o Nadal con este videoclip
Por Redacción |
-
Aempe agasalla os clientes do comercio local
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A iluminación do Nadal "non cumpre as expectativas" e provoca unha queixa oficial do Concello
Por Diego Espiño |
-
E con decembro, acendeuse o Nadal
Por Mónica Patxot |