Os Bombeiros de Ribadumia evitan un "hachazo" en Poio
Por Redacción
O estado ruinoso no que se atopa o inmoble do hotel Os Castros segue sendo protagonista da páxina de sucesos.
Nesta ocasión o temporal Ana danou a gran letra "H" do cartel do establecemento que ameazaba con caer ao chan.
A Policía Local de Poio foi alertada do perigo deste elemento e os bombeiros de Ribadumia acudiron a media tarde para proceder á súa retirada.
Recentemente este inmoble tamén sufriu un incendio nas súas instalacións.