Cada veciño de Sanxenxo recicla unha media de 29 quilos de vidro ao ano
Por Redacción
Cada veciño de Sanxenxo recicla unha media de 29 quilos de vidro ao ano. Isto supón 14 quilos máis que a media de Galicia, que actualmente se atopa nos 15 quilos por persoa e case 19 quilos máis que a cidade de Pontevedra (que recicla 10.2 quilos por persoa). Sanxenxo destaca, por tanto, a nivel nacional polos seus datos en reciclaxe de vidro.
Estes datos foron facilitados por EcoVidrio, a entidade encargada de xestionar a reciclaxe dos residuos de envases de vidro de España.
Os datos son para celebrar, pero aínda se comenten algúns erros como depositar no colector os tapóns de cortiza das botellas ou vasos que son de cristal e non de vidro. Por iso, pídese que se elimine calquera tipo de material como estes tapóns, metais ou papel que poidan conter as botellas e envases.
Juan Deza, concelleiro de medio ambiente, quere "felicitar a todos os veciños por este dato, xa que o mérito é seu e anima a toda a cidadanía a poñer en práctica a estratexia das 3R: redución, reutilización e reciclaxe, facendo tamén un consumo de maneira responsable para reducir a cantidade de desperdicios".
Relacionadas:
-
A provincia reciclou 15.000 toneladas de vidro en 2017
Por Redacción |
-
VIDEO.- Compromiso dos Festivais Rías Baixas coa igualdade e a sustentabilidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os pontevedreses reciclamos menos vidro que o resto dos galegos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
101 establecementos hostaleiros de Sanxenxo reciclarán vidro durante este verán
Por Redacción |