Condutores de 25 a 34 anos, o grupo de máis positivos nos controis de alcoholemia
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou durante o mes de novembro 17.970 probas de alcoholemia. 370 deron resultado positivo.
22 destes positivos estaban implicados en accidentes de circulación, mentres que 11 dos condutores que consumiran alcol por encima da taxa permitida habían realizado algunha infracción. A cifra máis elevada rexístrase por control preventivo con 336 resultados positivos.
Do total das probas realizadas polos axentes, máis do 60% (10.859) leváronse a cabo durante as noites e madrugadas das fins de semana, vésperas de festivos e festivos. Eses días obtivéronse 276 resultados positivos.
67 dos condutores foron postos a disposición xudicial, acusados dun delito contra a seguridade do tráfico, pasando o resto para ser denunciados por vía administrativa pola comisión dunha infracción contra a seguridade viaria.
Condutores novos con idades comprendidas entre os 25 e os 34 anos son os que ofreceron unha porcentaxe máis alta de probas positivas cun 22,45% seguido polo 20,81% de persoas que teñen entre 45 e 54 anos.