"Os nenos de Poio van ter as Navidades máis tristes da comarca"
Por Oskar Viéitez
A concelleira do PP de Poio Nati Torres lamentou que o goberno local "deixe aos nenos de Poio sen luces de Nadal e sen Papá Noel", no que o seu xuízo supón "outra mostra do abandono de Poio".
A popular trasladou as queixas dos veciños pola iluminación "pobre e insuficiente" que o Concello de Poio comezou a instalar esta mesma semana e deixou constancia de novas denuncias pola decisión do bipartito de prescindir das visitas de Santa Claus aos nenos dos centros educativos do municipio.
"Os nenos de Poio van ter o Nadal máis triste da comarca", dixo a edil popular. Ante as desculpas do alcalde Luciano Sobral admitindo que o concello calculou mal as datas para a contratación da decoración do Nadal, Torres ironizou: "Debe ser que este ano o Nadal cae noutra data", e desvelou que pola mala planificación do equipo de goberno, o propio alcalde recoñeceu que tal vez terán que investir máis dos 21.000 euros previstos "e pagar máis polos decorados que outros concellos puxeron hai 10 anos".
GUADALUPE
Quen xa ten instalado a iluminación do Nadal é o pobo cacereño de Guadalupe que acenderá o vindeiro sábado como gañador do concurso "Luce tu pueblo", co que competiu ata a final con Combarro.
Nun comunicado emitido polo Concello, "Poio lamenta o malestar e incerteza xeral, ocasionadas por motivo das filtracións nas redes sociais e en diversos medios por fontes non oficiais", rezaba unha parte do comunicado.
Luciano Sobral tamén quixo "felicitar" a Guadalupe e mandou un "cariñoso saúdo a todos os veciños" desa vila, cos que Poio xa ten "un sentimento de fraternidade".
Relacionadas:
-
Poio estrea en Combarro a súa iluminación de Nadal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A programación de Nadal de Poio arrancará coa chegada dos Bolechas o día 30 de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro chega á final de 'Luce tu pueblo' e está a un paso de ser o "máis belo" de España
Por Redacción |
-
Combarro brilla na televisión para ser o pobo "máis belo" de España
Por Alejandro Espiño |