O Concello de Cerdedo-Cotobade impulsa novos plans de reciclaxe
Por Redacción
O goberno local de Cerdedo-Cotobade vén de interesarse pola implantación de novos plans de reciclaxe e reducción de residuos para reforzar os catro que ten en marcha ou a piques de iniciarse.
O presidente e o vicepresidente municipal, Jorge Cubela e José Balseiros, acaban de manter unha reunión en Madrid coa subdirectora xeral de Residuos, Paloma López-Izquierdo, na que, entre outras cuestións, coñeceron de primeira man as convocatorias nesta área previstas para o vindeiro ano por parte do Ministerio de Medio Ambiente e agora comezarase a avaliación das que poidan ser máis interesantes para o municipio.
Cubela e Balseiros explicáronlle que o municipio desenvolve un plan de compostaxe doméstica en todo o territorio de Cerdedo e as parroquias cotobadesas de Carballedo e Caroi que se enmarca no PIMA Residuos 2015 e que se trata dun dos tres únicos proxectos subvencionados en toda Galicia.
Dita iniciativa concluirá en apenas un mes, pero vai ter continuidade con outros tres proxectos, a extensión da compostaxe ao territorio de Cotobade, a recollida selectiva de aceite e a modernización do punto limpo, que acaban de recibir unha subvención de 50.000 euros do PIMA Residuos 2017 e que van iniciarse en breve.
Relacionadas:
-
Cotobade comeza a cuarta fase do plan de compostaxe doméstica
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade activa un composteiro comunitario no colexio de Tenorio
Por Redacción |
-
O plan piloto de compostaxe esténdese a Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade instalará colectores para depositar aceite e modernizará o punto limpo
Por Redacción |
-
O plan piloto de compostaxe esténdese á parroquia de Carballedo
Por Redacción |
-
En Cerdedo-Cotobade quen composta paga menos
Por Oskar Viéitez |
-
Cotobade acolle un proxecto piloto de compostaxe do Ministerio de Medio Ambiente
Por Redacción |