Denuncian a presenza de verteduras de lixo incontroladas en Campañó
Por Redacción
Estas imaxes podíanse ver ás 12.00 horas deste martes 12 de decembro na zona do Freixo, na parroquia pontevedresa de Campañó. Os veciños sinalan que esta escena repítese con frecuencia durante os últimos meses.
Denuncian que se producen verteduras incontroladas de lixo e reclaman unha intervención por parte do Concello de Pontevedra para evitar os malos cheiros, a imaxe de abandono e a presenza de animais que buscan alimento entre os desperdicios.
Algún dos veciños asegura que presentou dous escritos no rexistro municipal denunciando estas situacións sen obter resposta por parte do goberno de Fernández Lores.
Os residentes na parroquia indican que ademais a recollida de lixo por parte da empresa concesionaria é "arbitraria e ineficaz" e piden ao Concello unha maior limpeza destas zonas, ademais dun incremento da vixilancia para evitar que sigan producíndose este tipo de verteduras incontroladas por parte de desaprensivos na contorna dos colectores de lixo.