Bueu participa nun programa de atención para escolares vítimas de violencia machista
Por Redacción
O Concello de Bueu participará este ano nun programa de atención a menores vítimas de violencia de xénero coa intención de lograr unha atención máis activa para os menores que sufriron esta situación. A tarefa vai desenvolverse a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu, situado na rúa Eduardo Vincenti número 28.
A directora do CIM, Montserrat González, mantiña esta martes unha reunión cos responsables da Fundación Meniños, Fernando de la Cueva e Xema Cabana, que serán os encargados de desenvolver esta actividade. Este programa encádrase nun acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).
A través deste programa vai asesorarse e ofrecerse terapia familiar a menores que sufran de maneira directa a violencia de xénero, avaliando as feridas emocionais e as consecuencias que se poden presentar en tarefas de aprendizaxe, socialización ou de alta tolerancia ás situacións de violencia. As sesións faranse semanalmente a partir de xaneiro e participarán un total de sete escolares durante un ano.
Relacionadas:
-
Bueu, en negro contra as violencias machistas
Por Redacción |
-
Bueu aprobará medidas preventivas e educativas contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Nova campaña de educación non sexista en Bueu
Por Redacción |
-
Os centros educativos, protagonistas do 25-N en Bueu
Por Redacción |
-
Bueu celebra este venres o día contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Os nenos, protagonistas dos actos do 25-N en Bueu
Por Redacción |