A asociación de veciños 'San Benito de Lérez' abandona a Federación Teucro
Por Redacción
A asociación de veciños de San Benito de Lérez decidiu deixar de pertencer á Federación de asociacións de veciños 'Teucro', que preside Miguel Vilacoba. A decisión adoptouse nunha reunión extraordinaria da xunta directiva da asociación veciñal.
Este colectivo manifesta que quere iniciar unha nova etapa en solitario para defender os seus "lexítimos intereses". Nun comunicado, a presidenta María Xosé Abilleira sinala que queren que a voz de Lérez se vexa representada en todos os foros de reivindicación veciñal de forma unitaria.
Finalmente sinalan que se desvincula de calquera representación que a Federación 'Teucro' se queira atribuír en nome destes veciños de Lérez.