O temporal levanta o paseo de madeira da Lanzada
Por Redacción
Durante este luns continúa a alerta pola presenza de fortes ventos e de precipitacións en toda a provincia de Pontevedra como consecuencia da borrasca Ana. Pero o nivel xa pasou de vermello a laranxa e os servizos de emerxencia comezan a facer balance das principais incidencias nas Rías Baixas.
Unha das máis rechamantes atópase en Sanxenxo, onde o paseo peonil de madeira da Lanzada levantouse debido aos ventos que chegaron a aproximarse a unha velocidade de 130 quilómetros por hora. Este paseo xa fora reformado despois de que en febreiro outro temporal esnaquizárao, trasladándoo á estrada.
As precipitacións recollidas durante a xornada do domingo chegaron a ser de 188 litros por metro cadrado en Ponte Caldelas, o municipio de Galicia onde se rexistrou unha maior cantidade de auga de choiva neste temporal. No municipio de Pontevedra, a cifra sitúase por encima dos 90 litros por metro cadrado.
Unha das principais consecuencias desta ciclogénesis explosiva tivo ver co corte de subministración eléctrica en máis de 11.000 fogares da provincia. A zona de Lourido en Poio foi unha das que sufriu este corte de luz desde últimas horas da tarde do domingo. Neste municipio, a Policía Local sinalaba que se detectaron numerosas caídas de árbores, cables, colectores, valos e mesmo de motos que se atopaban aparcadas na rúa.
Durante a mañá deste luns seguirá chovendo con intensidade. As precipitacións irán remitindo a última hora da tarde.
Relacionadas:
-
A Xunta renuncia á madeira para o arranxo da pasarela en Noalla
Por Oskar Viéitez |
-
Unha tromba mariña esnaquiza o paseo da Lanzada e obriga a desaloxar o colexio de Noalla
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello tallará as árbores danadas polo temporal no paseo de Lourido
Por Redacción |
-
A Xunta revisará integramente a pasarela de madeira do paseo da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
As brigadas da Deputación resolveron máis de medio cento de incidencias en apenas 12 horas
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Desbordamento do río Verdugo en Ponte Caldelas e na Lama
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O temporal provoca danos e asolagamentos en diferentes puntos de Pontevedra
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Así entra a borrasca Ana pola praia de Montalvo
Por Redacción |
-
A borrasca obriga a suspender o último día de celebración da RaxoFesta
Por Redacción |