Nivel de alerta vermella ante os fortes ventos de Ana, a cicloxénese explosiva que zorrega Galicia
Por Redacción
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia alerta sobre a necesidade de que a poboación extreme as precaucións despois de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) incrementase o nivel de alerta a vermello nalgúns puntos de Galicia.
A partir das 18.00 horas deste domingo, as Rías Baixas atoparanse nese nivel de alerta vermella. O mesmo sucederá na zona do Miño e no interior da provincia de Pontevedra, na montaña de Ourense e de Lugo. Espéranse refachos de vento que alcanzarían unha velocidade de 140 quilómetros por hora.
Por este motivo, desde a Xunta de Galicia indican que é necesario seguir as medidas de protección e evitar aproximarse a rompentes ou zonas próximas ao mar para evitar as ondas que poden chegar a arrastrar tanto a persoas como a obxectos. Tamén se recomenda retirar calquera material que se atope en balcóns e en xanelas.
Para calquera información meteorolóxica, a páxina do CAE 112 manterase actualizada informando das incidencias. A partir das 15.00 horas suspendéronse as actividades deportivas ao aire libre na comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
As brigadas da Deputación resolveron máis de medio cento de incidencias en apenas 12 horas
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Desbordamento do río Verdugo en Ponte Caldelas e na Lama
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O temporal provoca danos e asolagamentos en diferentes puntos de Pontevedra
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Así entra a borrasca Ana pola praia de Montalvo
Por Redacción |
-
A Xunta alerta da chegada dun temporal de nivel laranxa ás Rías Baixas
Por Redacción |