Veciños de San Salvador ameazan con manifestarse se o Concello decide pechar un carril na Caeira
Por Redacción
Os veciños de San Salvador están a recoller firmas para presentalas ante o Concello de Poio e mostrarlles a oposición veciñal existente ante a intención do goberno local que lidera Luciano Sobral de suprimir un carril na baixada desde A Caeira ata a ponte da Barca.
Os afectados sinalan que a normativa establece a posibilidade de que existan beirarrúas de 0.90 metros de forma que, entenden, se poderían ampliar as existentes, humanizar e mellorar a zona afectada mantendo os dous carrís, mentres non exista unha vía alternativa.
Estes veciños indican que en novembro pedíronlle ao concelleiro de Urbanismo nunha asemblea que se buscase unha alternativa e sinalan que o alcalde lles está mentindo ao querer suprimir ese carril. "Estamos fortemente decepcionados", indican.
Este colectivo considera que a solución exposta polo Concello de Poio non aliviaría os atascos e só trasladaría o problema do tráfico á zona da rotonda situada na avenida de Andurique.
A indignación dos veciños levou a que estuden a posibilidade de convocar unha manifestación para mostrar o rexeitamento que existe na parroquia contra a decisión do goberno municipal.
Relacionadas:
-
O goberno local de Poio renuncia ao carril único na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma de Veciños de San Salvador de Poio suma 1.600 apoios contra o carril único da Caeira
Por Redacción |
-
A Plataforma de San Salvador solicita a Poio a instalación de medidores de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Sobral espera licitar o proxecto de humanización da Caeira no primero trimestre do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños entregan 1.034 firmas contra o cambio de tráfico proxectado na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
Campaña veciñal de recollida de firmas para evitar a dirección única na subida da Caeira
Por Oskar Viéitez |