A Policía Local de Marín estrea PDA este luns para obter datos dos vehículos de forma rápida
Por Redacción
A Policía Local de Marín traballará a partir deste luns 11 con PDA, os asistentes persoais dixitais, que permiten obter dunha maneira rápida datos sobre o vehículo. Desta forma, o goberno local do Concello de Marín confía en que se contribúa a mellorar a seguridade nas estradas do municipio.
Os axentes, a través deste dispositivo, terán acceso á información que a Dirección Xeral de Tráfico garda sobre o vehículo, seguro, ITV e outros datos de interese. Desta forma controlarase que os vehículos se atopen nas condicións idóneas para circular e para controlar situacións nas que, en caso de accidente, un vehículo atópese sen seguro.
Tamén axilizará o proceso en caso de infraccións. Pode emitir a denuncia sobre a infracción cometida no momento, xa que as PDA conteñen os datos sobre infraccións que recolle a normativa de tráfico. Ademais, o dispositivo pode tomar fotografías con data e hora para probar as infraccións dos condutores, quedando inseridas no expediente.
O luns, os axentes da Policía Local de Marín contarán con catro unidades deste asistente persoal.