Loureiro de Abaixo estrea mellora nos seus accesos
Por Redacción
O núcleo de Loureiro de Abaixo, na parroquia cuntiense de Portela, estrea mellora nos seus accesos.
As obras, que foron financiadas polo Concello de Cuntis e a Consellería do Medio Rural, consistiron na pavimentación do camiño e en habilitar sinalización horizontal.
En concreto, dotouse ao viario dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente sobre a que xa existía.
Ademais limpáronse as marxes e reabríronse cunetas, incluíndo a limpeza dos caños existentes para conseguir unha adecuada drenaxe do viario.
O orzamento base de licitación dos traballos ascendeu a 28.668,18 euros.