A iluminación do Nadal "non cumpre as expectativas" e provoca unha queixa oficial do Concello
Por Diego Espiño
As luces de nadal instaladas na cidade, motivo de críticas nos últimos días, tampouco gustaron ao Concello de Pontevedra, que presentou unha queixa oficial á empresa que coloca a iluminación.
"Non cumpre as expectativas do Concello", asegura a concelleira Anabel Gulías, explicando que se trata dunha "queixa xenérica porque notamos certas deficiencias".
Entre elas, no centro da polémica, sitúase a árbore colocada na praza da Ferrería, e neste asunto o goberno local abriu a posibilidade de que se poida "substituir ou completar".
O Concello de Pontevedra destina anualmente algo máis de 80.000 euros para iluminar a cidade nun contrato único que cobre as festas de verán, o entroido e o Nadal.
"Que sexa un prezo económico non pode significar que teña un nivel de deixadez", criticou este xoves Gulías nunha comparecencia ante os medios de comunicación.
Relacionadas:
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa que iluminou o Nadal pontevedrés pagará unha sanción de 626 euros ao Concello
Por Redacción |
-
Tras a polémica, A Ferrería renova o alumeado de Nadal
Por Redacción |
-
Un Nadal para gozar de Pontexogos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra prepárase para 'nadalear'
Por Diego Espiño |
-
E con decembro, acendeuse o Nadal
Por Mónica Patxot |
-
Pontevedra iluminará o seu Nadal o 1 de decembro
Por Redacción |