Arranxan a área recreativa de Outeiro-Cobas
Por Redacción
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañados da alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, visitaron este martes o concello de Meaño co obxectivo de comprobar as obras que se realizaron a través da orde de subvención para infraestruturas de uso público e que permitiron humanizar a área recreativa de Outeiro-Cobas.
Con estas axudas, o concello de Meaño rehabilitou este espazo de lecer, cun orzamento global de 60.000 euros, cunha aportación da administración autonómica do 80%.
Grazas a este investimento púidose mellorar este espazo de 6.000 metros cadrados, devolvéndolle así á cidadanía un espazo de ocio que permitirá aos veciños aproveitar mellor esta zona e gozar do seu patrimonio e dunha mellor calidade de vida.
As obras consistiron na demolición da antiga caseta de auga e a roza de todo o entorno, pavimentación de paseos, instalación de escaleiras e peche perimetral, así como a colocación dunha pista de formigón e do pintado de xogos en varios colores sobre dicha pista.
Por outra banda, tamén se axardinou todo o entorno, con céspede e arbustos e se instalou rega por aspersión. O parque infantil conta con chan de caucho, papeleiras, valo protector, e iluminación.