ÿ certo que as nenas casan aos sete anos?
Por Oskar Viéitez
ÿ certo que as nenas casan aos sete anos? A pregunta non sorprende a Sasi Kumar Cutty. ÿ unha das cuestións que máis curiosidade esperta nos nenos. Leva anos respondéndoa a longo das súas visitas como embaixador da Fundación Vicente Ferrer na India e os alumnos do Colexio das Covas de Meaño, non ían ser menos.
Sasi Cutty goza contando aos pequenos como se vive no seu país. Sabe ademáis gañarse ao auditorio que escoita fascinado como son os seus rituais, a súa gastronomía, a súa cultura "en India, as nenas vense como unha carga, porque a familia ten que aforrar para a dote, e logo elas márchanse cos seus maridos deixando á súa familia pobre, por iso cando nace un neno repártense doces con xenerosidade, e, si é unha nena, repártense menos doces", explica.
Un dos maiores esforzos da Fundación trata precisamente de evitar este feito.
Sasi Kumar Cutty foi apadrinado durante a súa infancia e actualmente forma parte do equipo de tradutores e guías que acompañan aos colaboradores que visitan os proxectos en Anantapur, no estado de Andhra Pradesh. Alí o 80% da poboación dedícase á agricultura (cacahuetes) e dos case 4 millóns de habitantes, dous e medio son beneficiarios dalgúns dos proxectos da Fundación Vicente Ferrer, sobre todo, mulleres e nenos.
O outro gran obxectivo da Fundación son os dalits (parias), son os intocables. Os hindús consideran que os dalits son "tan baixos coma a mar" e para sobrevivir adoitan traballar nos espazos laborais permitidos polo sistema de castas como o de recoller excrementos humanos coas mans. Os nenos adoitan limpar os váteres do colexio ao que acoden, cando lles permiten ir ao colexio.
Segundo explicaba Sasi Kumar Cutty, o programa educativo da Fundación Vicente Ferrer iniciouse en 1978 cunha campaña para concienciar á poboación da importancia da escolarización. Desde entón, construíronse escolas e púxose en marcha un programa cultural e outro de becas que permitiu que os nenos cheguen ata á Universidade, si así o desexan e os seus padrinos axúdanlles a conseguilo.
Os intocables están discriminados en toda a India. Só en Anantapur superan os estudos primarios. ÿ distinto en todo ao resto do país. En toda a India os intocables baixan a cabeza ante alguén de casta superior. Anantapur é o único lugar da India onde iso non se fai. "ÿ un oasis de dignidade".
O propio Sasi Kumar Cutty recibiu axuda da Fundación para saír adiante. Conta que, cando era pequeno, o seu irmán e el tamén, ían a clase nunha bicicleta. Ravi é o maior, o que mandaba. Si estaba canso, Sasi tiña que levarlle na bicicleta. E así, pedaleando cinco quilómetros ata a escola que na India son privadas.
Sasi ten agora 39 anos e moitos recordos tristes, pero nunca deixa de sorrir. A Vicente Ferrer, coñeceuno cando máis falta facíalle. A mirada ilumínaselle ao falar del.
Por iso está moi ilusionado coa serie que Televisión Española vai gravar sobre a apaixonante vida de Vicente Ferrer ao que dará vida Imanol Arias. O próximo mes de maio a productora Ganga, a mesma que asina Cuéntame cómo pasó, empezará a rodaxe.
A viuva de Vicente Ferrer, Anna, implicouse na produción e ata axudou a buscar localizacións. Moitos dos seus compatriotas fixeron probas para saír na serie, e aínda que a Sasi tamén lle faría ilusión, faille máis feliz que a televisión poida ensinar a máis xente quen era ese cooperante español e que fixo por miles de persoas na India.