Para o BNG é "moi grave" que Rajoy "exalte" a Salvador Moreno
Por Alejandro Espiño
Luís Bará, en nome do goberno municipal de Pontevedra, asegurou que é "moi grave" que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, "exalte" o franquismo e a figura dun militar golpista e ministro da ditadura como Salvador Moreno.
O edil do BNG, responsable de patrimonio histórico en Pontevedra, entende que a frase de Rajoy na que aseguraba non entender por que se retirou o nome de Salvador Moreno do rueiro da cidade, merece unha condena "firme e contundente".
Este feito, segundo Bará, é "absolutamente intolerable" nun sistema democrático como o español e resulta ser un "total menosprezo" a unha decisión da corporación municipal que, en 2012 cos votos en contra do PP, optou por substituír ao almirante franquista pola poetisa galega Rosalía de Castro.
Esta decisión, lembrou o edil do BNG -que foi quen impulsou esta medida en 2002-, tomouse para eliminar do rueiro pontevedrés todos os nomes vinculados ao terror e á represión do franquismo. Foi anos antes de que se aprobase a lei de memoria histórica.
Ademais, Luís Bará lamenta que desde a presidencia do Goberno fágase unha "chamada ao desacato e á desobediencia" a unha decisión " lexítima" do Concello de Pontevedra e que cumpre coa lexislación vixente nesta materia. "Parece que anima a que se siga utilizando un nome que xa non é legal", engadiu.
As declaracións de Rajoy, continúa o edil do BNG, son un tamén un menosprezo á figura de Rosalía de Castro, que representa a "antítese" dos valores do militar golpista e é unha figura "comprometida" coa defensa da lingua e a literatura galega que merece o "máximo respecto" por parte do presidente do Goberno.
Bará cre que o dito por Mariano Rajoy en Costa do Marfil é un feito "extremadamente grave", porque entende que supón "negar" o que supuxo a ditadura e a represión franquista e crea "amparo" cara outros colectivos e persoas que fan apoloxía do franquismo.
Pontevedra fará chegar este rexeitamento á propia Presidencia do Goberno.
Este asunto será tratado no próximo pleno da corporación municipal, no que o BNG incluirá unha moción para esixir o cambio de nome do colexio Salvador Moreno.
Relacionadas:
-
Reclaman que a Xunta asuma o colexio Salvador Moreno e cambie o seu nome "franquista"
Por Redacción |
-
O goberno de Rajoy manterá o nome do colexio Salvador Moreno a pesar das queixas de En Marea
Por Redacción |
-
Censuran a Rajoy por unha defensa de Salvador Moreno que o PP ve como "chascarrillo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un libro de Rosalía, agasallo de Reis para que Rajoy "entenda" por que "un golpista" quedou sen rúa
Por Redacción |
-
O cambio de nome do colexio Salvador Moreno chegará ao Congreso
Por Redacción |
-
Rajoy: "No sé por qué le han quitado la calle a Salvador Moreno. Yo la sigo llamando así"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada