A Xunta destina axudas a O Salnés e Caldas para mellorar as oportunidades laborais do rural
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver as axudas do programa Aprol Rural. A actuación, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, ten como principal obxectivo incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia.
Deste xeito, na comarca do Salnés, os concellos de Meaño e Ribadumia recibirán unha axuda de 45.750 euros, o que lles permitirá contratar a catro traballadores, dous cada municipio, durante 9 meses a tempo completo.
Na comarca de Caldas, os concellos de Portas, Moraña, Catoira, Caldas de Reis, Valga e Cuntis recibirán unha axuda de 140.669 euros, o que lles permitirá contratar a un total de 12 traballadores, durante 9 meses a tempo completo.
A Lama recibirá unha axuda de 24.000 euros, o que lles permitirá contratar a un total de 2 traballadores, durante 9 meses a tempo completo.