Alumnos do instituto Sánchez Cantón obteñen o segundo premio na Galicia Maker Faire
Por Oskar Viéitez
Os proxectos presentados por dous grupos de alumnos do IES Sánchez Cantón obtiveron o segundo premio na Galicia Maker Faire 2017. Estes premios foron outorgados por votación do público asistente á feira durante todo este fin de semana.
Pero ademais, a organización quixo premiar ao alumnado do Sánchez Cantón coa distinción Maker of Merit 2017, xa que, como explicaron aos mozos, consideraron que ambos os proxectos eran merecedores da devandita distinción.
A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, entre outras.
Tamén se trata dun lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.
A empresa pontevedresa Síntesis Creative Studio obtivo o terceiro premio polo seu proxecto B.R.A.I.S.