Marín última os preparativos do Nadal con iluminación especial, carpas, concerto, o tren e a cabalgata
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín presentou a programación do Nadal que empeza o día 1 de decembro coa estrea da iluminación que practicamente xa está instalada nas rúas principais da vila, fundamentalmente as máis comerciais e céntricas onde nestas datas acode un maior número de veciños e de visitantes.
Os días 21 e 22 de decembro inauguraranse as carpas de actividades que estarán na Alameda Rosalía de Castro para os máis pequenos, e no Parque Eguren cunha oferta de actividades máis xuvenís.
Unha das actividades que máis público concentra e que ano a ano repite é o tren convertido en todo un clásico do nadal marinense.
O venres día 15 de decembro terá lugar o Concerto de Nadal coa Banda de Música da Escola Naval Militar e o coro de alumnos.
A guinda será a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.