422 maiores de 50 anos poderán desfrutar de Depotermal 2017
Por Redacción
A partir deste domingo 26 de novembro, e ata o vindeiro venres, 422 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar do programa da Deputación de Pontevedra Depotermal 2017.
Este programa ten como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario. Ademais, DepoTermal pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
Depotermal tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.
En canto a modalidade con pernocta, a partir deste domingo 19 de novembro, 318 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, Hotel Gran Talaso de Sanxenxo, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atálntico de Oia, e ao Balneario de Cuntis para desfrutar de modalidade con pernocta.
Pola banda da modalidade diúrna, 144 persoas acudirán diariamente durante cinco días consecutivos, de luns a venres, a centros termais da provincia.
Durante este mes, e no que queda de ano, 4.000 maiores de 48 concellos da provincia están a gozar do programa Depotermal a través das modalidade diúrna e da modalidade con pernocta. Ao igual que na pasada edición ofértanse prazas gratuítas para persoas en situación ou risco de exclusión social e sen recursos económicos.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Sanxenxo incorpóranse ao programa Depotermal
Por Redacción |
-
Nace a marca "Auga de Galicia" para darlle valor as nosas augas minerais e termais
Por Redacción |
-
A Deputación instalará paneis con códigos QR para promocionar as vilas termais da provincia
Por Redacción |
-
A Deputación pon as bases das novas edicións de Depotermal e Depo en marcha
Por Redacción |