O vindeiro martes a Policía Local empezará a usar o seu novo radar
Por Oskar Viéitez
A partir do 28 de novembro e ata 8 de decembro, a Policía Local de Pontevedra levará a cabo unha campaña de control de velocidade nas vías do municipio nas que se teñen detectado excesos de velocidade.
Será a oportunidade para que os axentes municipais fagan a estrea do novo Veloláser. Este cinemómetro láser é un equipo pequeno e lixeiro, destinado a medir a velocidade de circulación de vehículos e documentar mediante fotografía aqueles que superen un límite de velocidade predefinido.
Consta de carcasa, cámara dixital, iluminador nocturno infravermello, sensor láser, CPU e batería. Ademais, para manexalo disponse dunha tablet que se conecta mediante wifi a unha aplicación de control remoto.
Este radar realiza constantemente medicións de velocidade en calquera punto do ancho dos dous carrís. Cando detecta un vehículo que supere os límites de velocidade preestablecidos polo operador, almacena automaticamente as dúas fotos máis idóneas para documentar a infracción.
Permite a medición e clasificación de vehículos para un ou dous carrís, nun ou ambos os sentidos da circulación da vía, xa que pode medir por achegamento ou por afastamento. A xestión do equipo faise a través da tablet de forma remota por Wifi a unha distancia de ata 50 metros ou máis de cobertura ou sen límite de distancia por 3G/4G.
Relacionadas:
-
O Velolaser, á caza de acelerados a partir deste martes 13
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Policía Local de Pontevedra inicia unha campaña de control de velocidade
Por Oskar Viéitez |
-
Un de cada cen vehículos rexistrados polo radar da Policía Local foi multado por velocidade
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as primeiras multas do novo radar da Policía Local por superar os 30 por hora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Policía Local estreará nos vindeiros días un novo radar de control de velocidade
Por Redacción |