Unha persoa queda atrapada nun accidente entre dous coches no Grove
Por Oskar Viéitez
Unha persoa resultou ferida este xoves tras chocar dous turismos que circulaban pola estrada do Conde, no Grove.
Pasados uns minutos das 20:00 horas un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Alertaba dun choque entre un Nissan Micra e un Peugeot 406 con persoas atrapadas.
Segundo informou o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia foron avisados os Bombeiros de Ribadumia, ás 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes da Policía Local. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do Servizo de Emerxencias do Grove e do GES de Sanxenxo.
Finalmente, os efectivos de Protección Civil confirmaron ao 112 Galicia a persoa ferida é unha veciña do Grove de 43 anos que tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada no interior dun dos turismos no que viaxaba tamén o seu fillo, que saíu ileso.
Tras a evacuación a muller foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario e os operarios do Servizo de Emerxencias municipal procederon coa limpeza da vía.