Detido con 11 doses de cocaína preparadas para a súa venda
Por Redacción
Axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional detiveron nos últimos días un veciño de Pontevedra de 46 anos como suposto autor dun delito de tráfico de drogas tras ser localizado con varias bolsas de cocaína preparadas para a súa venda.
Segundo informou a Comisaría de Pontevedra, o home foi detido sobre as 4.00 horas da madrugada do domingo 12 de novembro.
Unha patrulla realizaba labores de prevención da seguridade cidadá polas inmediacións da rúa Ponte observou tres individuos en actitude sospeitosa efectuando un intercambio de drogas e, ao decatarse da presenza policial, trataron de marchar do lugar. Ademais, un deles tentou esconder na parte traseira do pantalón o que levaba nas mans.
Os axentes policiais identificaron os tres individuos e, tras un cacheo de seguridade, incautáronlle a un no peto traseiro do pantalón varias bolsas de substancia estupefaciente. Unha vez analizada, pescudaron que levaba once dose de cocaína xa preparadas para a súa venda.
O home foi detido e posteriormente trasladado, xunto coa substancia estupefaciente intervida, á Comisaría, onde se tramitou o correspondente atestado.