Unha peza escultórica revalorizará o busto de José Martí
Por Redacción
Poñer en valor o busto que hai en Pontevedra en homenaxe ao revolucionario cubano José Martí. É o obxectivo da actuación que o Concello prevé realizar na praza que leva o seu nome, na confluencia das rúas Cobián Roffignac e Santa Clara.
Segundo adiantou o goberno municipal, crearase unha nova peza escultórica que se instalará nun lugar máis destacado da praza: á beira da rampla de baixada.
O proxecto consiste na colocación dunha plancha de formigón de tres metros de ancho, 1,5 metros de alto e 0,40 de ancho na que se adherirá a imaxe de José Martí. Dita plancha será unha escultura na que se plasmará a bandeira cubana.
Ademais, a escultura irá acompañada do poema La rosa blanca, que agora tamén aparece na beira do busto do político e poeta cubano na súa actual situación.