O goberno local adxudica a urbanización da rúa Campelo e melloras en varios camiños
Por Redacción
A xunta de goberno local do Concello de Poio adxudicou a urbanización e as obras de accesibilidade da rúa Campelo, cunha senda ata a praia.
O proxecto será financiado polo Plan Concellos da Deputación e supón un investimento de 200.000 euros.
Tamén serán financiados a cargo do Plan Concellos 2017 a renovación do pavimento e a canalización das pluviais dos camiños de Area da Porta, Casás e Camiño do Piñeiro, cun investimento de 90.000 euros e un prazo de execución dun mes.
Ademais contratarase a reurbanización da rúa Benigno Esperón, por 140.000 euros, e a mellora do Camiño da Pateira, cun orzamento de 150.000 euros.