O PP ve ao BNG "desconectado" de Pontevedra cun orzamento "malo y continuista"
Por Alejandro Espiño
O orzamento municipal que o BNG presentou para 2018, segundo o Partido Popular, "no satisface" as necesidades dos pontevedreses. O documento presentado é "malo e continuista" e é unha mostra, sinalou o edil Rafael Domínguez, de que o goberno de Lores está "desconectado" dos cidadáns.
Tras manter un primeiro encontro cos edís Raimundo González e Carme da Silva, Domínguez agradeceu o ton "cordial" da reunión, na que os populares preguntaron polo destino de partidas xenéricas como a accesibilidade urbana e rural, a renda social ou o transporte metropolitano.
Aínda que recoñecen que o BNG lles respondeu a estas cuestións "de forma razonable", o concelleiro do PP asegura que o borrador presentado polo goberno peca de ser "un poco etéreo e indefinido" e, insistiu, os intereses dos veciños de Pontevedra, especialmente os que viven no rural ou nos barrios, "no se ven saciados".
Rafael Domínguez avanzou que o PP estudará "en profundidad" o borrador de orzamento e decidirá se presentan emendas parciais ou unha á totalidade, a pesar de sospeitar que todo este proceso é un "paripé", ao estar pactada xa a aprobación do orzamento entre o BNG e Marea.
As críticas do concelleiro popular dirixíronse, especialmente, a este último grupo político, do que lamentaron que a súa "sumisión" ao BNG converteuse en algo "patente y continuado".
Así, o orzamento de 2018 "solo contenta al BNG y a sus sumisos amigos de Marea", concluíu Domínguez.
Relacionadas:
-
O PSOE confirma que se absterá na votación dos orzamentos ao recoller parte das súas propostas
Por Redacción |
-
A postura de Marea co orzamento municipal será a de "Junts pel sí o per l'abstenció"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG-PSOE, disposto a absterse no orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello buscará a solución "máis acaída" para Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Luz, auga e a xestión do lixo custarán case 17 millóns de euros en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
María Rey non negociará co BNG o orzamento municipal
Por Redacción |