A Policía aconsella ás persoas xordas como evitar ser vítima dun delito a través da Internet
Por Redacción
As charlas divulgativas e de consellos impartidas polos delegados de participación cidadá da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra chegaron nos últimos días á Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra cunha actividade na que lles trasladaron unha serie de consellos para que eviten converterse en vítimas dun delito.
Os delegados de participación cidadá impartiron unha charla o pasado venres 17 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra a petición da propia asociación e tiveron un gran éxito, en especial, en canto ao interese espertado.
Segundo indicaron fontes policiais, na actividade abordáronse as características do DNI 3.0 nas relacións das persoas con discapacidade coa administración e os policías facilitaron unha serie de consellos para evitar o seu uso fraudulento e dúbidas sobre a súa posesión, perda ou extravío.
Os policías tamén trasladaron aos asistentes os diferentes riscos asociados a Internet, xa que moitos membros da asociación son personas novas que usan a diario as redes sociais para comunicarse e poden ser vítimas de estafas ou da acción de pedófilos e pederastas.
A actividade completousencon consellos sobre como evitar ser vítimas do grooming ou os riscos é o sexting ou intercambio de fotos comprometidas.