Unha indisposición ao volante provoca unha saída de vía dun turismo en Poio
Por Redacción
Unha muller resultou ferida este luns tras saírse da vía na avenida de Domingo Fontán.
Segundo indicaron testemuñas que presenciaron o accidente, a condutora, tras sufrir unha indisposición ao volante, saíu da vía e chocou contra un muro.
Tras recibir o aviso dun particular, ao fío das 09:45 horas, o 112 Galicia alertou enseguida ás 061-Urxencias Sanitarias.
De igual maneira informou a Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, GES de Sanxenxo e Protección Civil da localidade.