Operadores de turismo hongkoneses visitan a adega Pazo Baión
Por Redacción
A beleza da leira Pazo Baión así como o seu excelente albariño é o que moveu a un grupo de operadores de turismo procedentes de Hong Kong a visitar a adega e gozar dunha xornada de enoturismo na mesma.
Mergullados nunha viaxe de recoñecemento pola zona, o grupo puido comprobar o gran potencial que ofrece Galicia ao público chinés onde o enoturismo colócase como un dos grandes atractivos.
Durante a súa estancia en Pazo Baión gozaron dun pase entre os xardíns e viñedos da leira e descubriron a gran versatilidade da uva albariño a través dunha degustación dos viños Condes de Albarei e Pazo Baión.
A pouco máis dun mes para dar comezo ao 2018, a adega Pazo Baión termina un ano con récord de visitas internacionais. Visitantes procedentes de máis de 40 países de todo o mundo como México, Sudáfrica, Xapón, Estados Unidos, Kenia, Finlandia, Italia, China, Venezuela, Australia, Canadá, Reino Unido ou Rusia decidiron visitar a emblemática leira e probar o seu excelente Albariño.
O número de enoturistas estranxeiros aumenta ano a ano, chegando á finca movidos pola curiosidade sobre esta variedade de uva e buscando albariños que lles sorprendan.