Catro feridos leves nunha colisión entre dous vehículos en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O servizo de Emerxencias de Sanxenxo informou dun accidente de tráfico no que catro persoas resultaron feridas leves.
No sinistro víronse implicados dous vehículos. Os feitos tiveron lugar na estrada que une Noalla e Aios, a dous quilómetros de Montalvo.
Un dos vehículos implicados era conducido por un mozo, veciño de Aios, que deu positivo por alcoholemia. No outro turismo viaxaban catro veciños de Meaño que resultaron feridos por diversas contusións producidas polo choque.
Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba do accidente ao 112 Galicia ás 3:25 horas.
Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Salnés e a Protección Civil.