O Priorado de Arra acollerá un albergue e incluirase na Ruta Sarmiento
Por Redacción
A Casa Priorado de Arra é unha edificación de carácter tradicional, actualmente sen uso, que no seu momento foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira. Nas últimas conversacións que mantivo cos veciños o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acordaron vincular esta casa á ruta Pai Sarmiento, coa posibilidade de que inclúa un albergue, ademais dun local social para a veciñanza.
Esta semana daban comezo as obras para a instalación das xanelas e portas. A actuación levará a cabo cun orzamento de 23.980 euros, financiados a través da liña 1 do Plan Concellos 2016 da Deputación.
As melloras consisten na instalación de nove xanelas de dúas follas, unha xanela dunha folla, nove portas balconeras de aluminio de diferentes medidas, tres portas de madeira maciza, 11 metros lineais de pasamans de madeira, oito metros lineais de canalóns en chapa de aluminio e 14 metros lineais de canalóns en pedra.
Na anterior fase levou a cabo unha actuación importante na casa que consistiu na restauración da cuberta e os muros de cerramento da edificación na que se investiron 190.000 euros.
Queda pendente para unha terceira fase o acondicionamento do patio interior, a colación dos chans, a electricidade, a fontanería e a instalación do sistema de calefacción. Son actuacións que requirirán un investimento que superará os 100.000 euros.
Relacionadas:
-
Sete empresas aspiran a remodelar casa Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan a rehabilitación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |
-
185.000 euros para rematar a rehabilitación do Priorado de Arra e convertelo nun centro sociocultural
Por Redacción |
-
A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo promociona o seu patrimonio como alternativa ao turismo de sol e praia
Por Redacción |
-
Nova vida para a Casa do Priorado
Por Redacción |