Nova cuberta para o Edificio de Maternais e a Escola infantil de Príncipe Felipe
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de arquitectura provincial, vén de completar e mellorar o proxecto para a cubrición do edificio de Maternais e a Escola Infantil de Príncipe Felipe.
Os técnicos consideraron necesario realizar máis actuacións das previstas no proxecto anterior para solucionar as humidades e filtracións do edificio debido ao mal estado das cubertas, polo que redactaron unha nova actuación que non suporá incremento económico sobre o inicial, pero que engadirá a separación das baixantes de augas pluviais e fecais e a construción de dous lucernarios.
Segundo explicou a deputada delegada de Príncipe Felipe, Eva Vilaverde, o orzamento para realizar os traballos mantense nos 358.481,10 euros.
A Xunta de Goberno vén de aprobar este novo proxecto, que pasará ao departamento de Contratación de xeito inminente ao estar xa informado favorablemente por todos os servizos provinciais. Só resta obter a correspondente licencia municipal de obra por parte do Concello de Pontevedra.
Unha vez resolta a autorización e a licitación os traballos poderán comezar de xeito inminente.
Relacionadas:
-
As obras na cuberta do edificio da escola infantil de Príncipe Felipe, cando conclúa o curso escolar
Por Redacción |
-
Despedida unha empresa subministradora de Príncipe Felipe por non cumprir coa calidade esixida
Por Oskar Viéitez |
-
O Príncipe Felipe estrea novo regulamento de funcionamento
Por Redacción |